Todo está na nosa biblioteca, non te esquezas de devolver os libros a tempo para que outros os disfruten 

Gustaríache algún manga que non está? Escríbeo aquí! :

Os novos mangas son...

One Piece
One Piece é o manga máis vendido no mundo. Comezou a publicarse no ano 1996 e vai actualmente polo número 96.O One Piece é o mítico tesouro de Gold D. Roger. A súa execución provoca que todos os piratas se lancen na busca dese grande tesouro que os convertirá no pirata máis poderoso do mundo.Luffy soña desde neno con ser un grande pirata. Vaise lanzar a busca do One Piece.One Piece tamén ten un popular anime se emite desde o ano 1999 e xa vai polo capítulo 957. As súas primeiras tempadas foron emitidas pola TVG. Deíxovos unha ligazón ao opening: https://www.youtube.com/watch?v=cAc_9fjrdiA&t=11s e tamén algunhas esceas: https://www.youtube.com/watch?v=ROqdQz24ws0&t=15s https://www.youtube.com/watch?v=7oyT1V-tOJs
Ademais da serie tamén podemos atopar algunha OVA. https://www.youtube.com/watch?v=z0LNGN5GHtU


Hunter X Hunter
Na nosa biblioteca contamos con Hunter X Hunter un dos mangas de maior éxito desde que comezou a publicarse no ano 1998 ata o día de hoxe no que seguimos a agardar que o seu autor poida rematar a saga.Gon Freecs vive na Illa Balea coa súa tía desde que o seu pai o abandonou alí. Un día descubre que o seu pai, que el cría morto, é un coñecido hunter (cazador) e que continúa con vida. Os cazadores son un corpo de élite acreditados para o rastreo de tesouros secretos, bestias exóticas e ,incluso, outras persoas.Gon preséntase ao exame para ser cazador, este consiste nun desafio cheo de perigos que só é quen de superar un aspirante entre varias ducias de miles.No seu camiño cara a proba vaise facer amigo de Kurapika, que desexa ser cazador para poder atrapar aos asasinos da súa familia, Leorio, que desexa ser cazador para poder ser médico e Killua, un mozo que abandonou a súa anterior vida como membro da máis famosa familia de asasinos.
Aquí vos deixo o trailer do anime para que lle botedes un ollo e vos animedes a comezar a aventura de Gon....

 

Tokyo Ghoul
Tokyo é un dos manga máis coñecidos e exitosos dos últimos anos.Os ghoul son uns seres viven entre os seres humanos aos que devoran. Ken Kaneki, o noso protagonista, vai ter un encontro con un destes seres. que vai cambiar a súa vida para sempre...Aquí queda o trailer do anime para que vos fagades unha idea de canto vos vai enganchar esta historia que vos terá en vilo durante os seus 14 tomos.




Full Metal Alchemist

O manga conta a historia dos irmáns Edwuard e Alphonse Elric. Son abandonados polo seu pai cando eran moi pequenos. Anos despois a súa nai morre. Despois de pasar anos sufrindo unha enfermidade. Os irmáns van Edwuard decide resucitala empregando a alquimia. O intento non sae ben e Edwuard remata gravemente ferido e Alphonse o seu corpo...Despois disto partirán en busca da pedra filosofal que lles permitirá recuperar os seus corpos, nesa busca vivirán moitas aventuras e coñecerán personaxes moi particulares...O manga tamén ten varias series de anime. A máis fiel á historia do manga é Full Metal Alchemista Brotherhood:  

Ataque aos titáns
Eren Jaeger vive de forma pacífica coa súa familia protexido pola Muralla María. Todo vai cambiar cando un xigantesco Titán destrúe a muralla e fai que os humanos teñan que retroceder ata o seguinte mundo.A humanidade, o que queda dela, vive protexida detrás de grandes muros desde que centos de anos atrás os Titáns, unhas criaturas xigantescas que devoran aos humanos, atacaron á humanidade.Cinco anos despois do ataque, Eren e os seus amigos vanse graduar como cadetes nas forzas de defensa da humanidade.O manga está moi próximo a rematar. Acaba de publicarse o tomo 32, polo que só quedan 2 para que remate a historia.Tamén ten unha serie anime que acabe de presentar a súa tempada final.Aquí vos deixo o trailer da primeira tempada   

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar